-
-
88 m
8 m
0
1,4
2,8
5,58 km
Погледана 305 пут(a), скинута са сервера 8 пут(a)
близу Laiño, Galicia (España)
Ruta que percorre as aldeas de Bexo, Imo, Castro, Sar e Manselle por camiño real.
O Cristo ten unha man descolgada da cruz. É un exemplar moi raro de criceiro. Foi construido polo señor Ignacio, daí o seu nome, que fixera fortuna nas américas.
Din que esta cruz estaba no cruceiro do xardín da igrexa parroquial e que o cura fixo cambiar porque non lle parecía bonito para a igrexa. Segundo isto a cruz orixinal sería a que agora preside o xardín parroquial de San Xoán de Laíño.
Daqui saíron ilustres militares, catedráticos, médicos etc. Tiñan a casa petrucial na Rúa da Conga en Compostela, de modo que aquí solo pasaban parte do ano.
Enfrente está a casa que era Taberna da Richalda onde paraban as carrilanas que baixaban dende o Barbanza e amarraban os cabalos na casa das señoritas.
Conxunto de once hórreos, en perfecto estado de conservación, orientados segundo eixo
norte-sur, variando en número de vans e tipo de soporte. O conxunto o complementan unha grande praza onde se realizan as festas patronais, así como un lavadoiro, no extremo noroeste. Recentemente tamén se recuperou o xogo dos bolos.
Casa de Aguirre e reloxo de sol.
A Casa de Aguirre, de ascendencia vasca, foi unha das mais poderosas e ricas da comarca. Eran donos de boa parte das terras agrícolas e tiñan foros.
Enrriba da porta pódense observar duas troneiras de defensa.
A construcción pode datarse en 1754.
Consta con un reloxo de sol do ano 1758 na outra beira do camiño.
O hórreo aséntase sobre unha gran estrutura de pedra feita a base de perpiaños de granito e que configura unha entrada que remata en arco na parte superior, que os canteiros da zona lle chaman campanel, dando acceso ao patio ou “corral” da vivenda. O tornarratos, de tipo mesa, vai coroando a base do hórreo, e serve de apoio aos cinco pares de columnas da cámara. Esta é totalmente de madeira, cunha faixa central e ao redor de 22 doelas por cada claro. Na parte da zona interior hai unhas escaleiras de pedra para o acceso ás entradas da cámara comunicadas por unha gran lousa de pedra. Leva sobrepenas nos penais, sen adornos no cume, e o teito é de armazón de madeira e vai a dúas augas con tella do país.
http://patrimoniogalego.net/index.php/80210/2015/11/horreo-con-arco-en-castro/
Elixio Vieites
No valo de Manselle ós veciños desta aldea de Dodro traballaron durante dous anos na construcción dun valo de contención para facer practicable un campo de xogos ubicado en terreos comunais que a concentración parcelaria convertera en vertedoiro de lixos.
Anxo Angueira adicoulles ós veciños o seu poemario "O Valo de Manselle" que empeza así:
"E fano eles./
E van todos os da aldea,a os sábados, todo o día /
E van mulleres e rapaces /
E eu vino e é un valo que lle randea o aquel./
E fano eles. /
E un pon a luz pra formigoneira, /
e outro a auga prá porla /
e outro o tractor pra iren buscar ao monte a pedra/
que é de pedra /
E todos pon as mans e o lombo/
E eu vino e o valo é moito valo, o Valo de Manselle./
E fono e colleno e xuntánose coma antes prás restevas/
e prás mallas. /
E NINGUÉN OS MANDOU NIN OS ACODE/
FANO ELES./
You can add a comment or review this trail
Коментари