davidexordos

Број тачака 513

Uploaded 30.08.2012.

-
-
883 m
550 m
0
5,5
11
21,91 km

Погледана 2879 пут(a), скинута са сервера 75 пут(a)

близу Grou, Galicia (España)

VER CONTEXTO HISTÓRICO EN Tramo 1 (Portela do Home-As Conchas)

O ROTEIRO
Desde a Presa das Conchas (en territorio do concello de Lobeira), prosegue o camiño da Raíña Santa, pasando polas aldeas de Tedós, Ermille, Os Chaus e Fradelevite, faldeando os sopés da Serra de Motas e Viso.
A partir dos Chaus, deixa o trazado da Via XVIII, internándose nunha espectacular congostra para desenvolverse por unha vía romana secundaria que unía a Quaquernia (Bande) con Ourense. Xa nas Terras de Bande, chega ao templo Galaico-visigótico de Santa Comba de Bande, pequena xoia arquitectónica do século VII, para seguir polas aldeas de Quintela, Lobosandaus e ascender ata o cruceiro de Vilela, baixo o dominio do castro de A Croa.
Bordeando o Monte de Pena Maior, coroado cun castriño, accede entre carballeiras e soutos centenarios ás aldeas de Souto, Pazos e Rubiás, para cruzar o río Cadós, ao pé dun peto de ánimas porticado na Ponte Cadós, e ascender ata Recarei, Sarreaus e o Alto do Vieiro, pasando á beira do Castro homónimo e con grandes vistas sobre o concello de Bande e o Monte Grande.

Waypoint

Fonte

Waypoint

Fonte

Waypoint

Camiño da Raíña Santa entre Os Chaus e Fradelvite

Espectacular corredoira que comunica Os Chaus con Fradelvite
Waypoint

O Esquecemento

Waypoint

Igrexa Galaico-Visigótica de Santa Comba de Bande

Xoia da arquitectura Galaica, construída no século VII, baixo dominio do País Galego polos Visigodos.
Waypoint

Fonte

Waypoint

Fonte

Waypoint

Milla LIII. Chiringuito

Waypoint

Centro de Interprtación de Aquis Querquernis

Waypoint

Campamento Militar Romano de Aquis Querquernis

Campamento militar do Século I da nosa era, construído polos romanos para seguimento da execución e posterior control do trazado da Via Nova ou Via XVIII
Waypoint

Fonte e Lavadoiro de Lobosandaus

Ao longo do percorrido sucédense as manifestacións da arquitectura popular galaica plasmada en fontes, petos, cruceiros...
Waypoint

Aldea tradicional de Vilela

Vilela, coma outras aldeas polas que pasa o camiño, presentan unha gran mostra da rica e variada arquitectura popular do noso país: con casas de pedra e corredor de madeira, capeliñas, fontes, cruceiros, petos de ánimas, canellas, levadas, muíños, fornos, airas...
Waypoint

Fonte e Cruceiro de Vilela

Waypoint

Fonte

Waypoint

Castiñeiros Centenareos

Waypoint

Fonte

Waypoint

Aldea Tradicional de Rubiás

A fermosa aldea de Rubiás. ocupa parte da Civitas Meidunium. que durante o dominio romano da Península Ibérica, exercía de capital da Baixa Limia.
Waypoint

Cruceiro de Cadós

Waypoint

Peto de Ánimas de Ponte Cadós

Waypoint

Fonte

Waypoint

Peto de Ánimas de Recarei

Waypoint

Carballos da Sementeira. Bande

Espectaculares especimes de Querqus Robur situados na praza da igrexa de Bande, cuxa idade sobrepasa o medio milenio.
Waypoint

Fonte

Waypoint

Almiñas de Sarreaus

Peto de ánimas de moi boa factura e rústica talla das almiñas.
Waypoint

Castro de Sarreaus

Waypoint

Fonte e Área de Lecer de O Vieiro

Pictórica fonte do Vieiro, cuxas augas surxen por un castiñeiro centenario, cortado cando se construíu a nova OU-540, e que no inverno se enche de carampelos de xeo.

Коментари

    You can or this trail