Број тачака  1115

Uploaded 07.05.2015.

Recorded мај 2015

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
677 m
419 m
0
3,3
6,6
13,14 km

Погледана 7343 пут(a), скинута са сервера 454 пут(a)

близу  Parada do Sil, Galicia (España)

Este roteiro homologado co nome de "Canón do Sil - Santa Cristina. PR-G 98", ten forma de 8, co seu treito central coincidindo co núcleo urbano do concello de Parada de Sil. En total son 18,7 Km e nós imos dividilo en dúas partes: Anel 1 (este) e Anel 2.
O roteiro discorre por camiños de carro de servicio as leiras e viñedos e por estreitas carriozas -corredoiras entre os muros que delimitan as fincas- con abondosa arboreda de carballos e castiñeiros.
O primer treito ven coincidindo co camiño natural ao mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e tamén coa Ruta dos Ríos. Sae da praza do barquilleiro e métese polo fermosísimo Sendeiro das Carriozas, entre vellos soutos que nos levan a Fondo de Vila e logo do foxo do lobo acada o abraiante miradoiro de Os Torgás, máis coñecido coma Balcóns de Madrid e así chamado por ser este o punto no que a xente do lugar despedía aos seus achegados cando estes emigraban a Madrid ou outras terras.
Seguen outros espectaculares miradoiros sobre o canón do río, como son o do Fental e o de Fontiñas. Na aldea de Portela e pasado o muíño do cubo, o roteiro descende rápidamente entre soutos e sequeiros e así chegamos ao mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, con orixes no século IX e encravado entre bosques. A igrexa ten tres ábsidas, pranta de cruz latina e data dos séculos XII - XIII.
Comeza o ascenso por unha congostra que vai ata Castro e ao deseguir soutos, máis carriozas, aldeas abandonadas coma a de Chamoso e outras vizosas corredoiras ata a praza do concello.
Pasada a igrexa parroquial de Santa Mariña xa estamos no punto de inicio, ao carón do monumento ao barquilleiro.

View more external

Mirador sobre o río Sil, en Parada de Sil. Era o punto de despedida aos emigrantes que marchaban polo río.
Camping situado no lugar de Castro, Parada de Sil.
Pequena ermida na praza do concello de Parada de Sil.
Camiño estreito entre muros. Preto de Fondo de Vila.
Congostra preto da aldea de Chamoso.
Lugar do concello de Parada de Sil.
Aldea abandonada de Parada de Sil.
Punto de inicio do sendeiro na praza do Barquilleiro, Parada de Sil.
Edificio do ayuntamiento de Parada de Sil.
Corredoira no lugar de Castro.
Carrioza entre Parada de Sil e Chamoso.
Barrio preto de Parada de Sil.
Fonte de auga potable en Fondo de Vila.
Oco no chan para a captura de lobos. Preto dos Balcóns de Madrid.
Igrexa no centro de Parada de Sil.
Lavadoiro e fonte en Castro.
Lavadoiro e fonte en Parada de Sil. Detrás da casa do concello.
Levada de auga que alimenta un muiño en Portela.
Miradoiro sobre o río Sil na estrada a Santa Cristina.
Miradoiro sobre o Canón do Sil.
Miradoiro sobre o río Sil e o seu canón.
Mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil.
Muiño de cubo na aldea de Portela.
Escultura dun barquilleiro en Parada de Sil.
Lugar de Parada de Sil.
Pequeño regato que logo pasa a chamarse rego de Portela.
Regato que pasa polo mirador de Fontiñas.
Rego moi preto do mosteiro de Santa Cristina.
Fermoso sendeiro por congostras preto de Parada de Sil.
Sequeiro de castañas.
Construción para o secado das castañas.
Construción de pedra para o secado das castañas.
Bosque de castiñeiros.
Vistas sobre o canón do río Sil.
Vistas sobre o canón do río Sil.

8 коментар(а)

  • Слика од CONI

    CONI 08.05.2015.

    SE VE MUY GUAPA LA RUTA Y MUY BUENAS FOTOS, UN SALUDO

  • Слика од jesussimon

    jesussimon 08.05.2015.

    Gracias por el comentario, "coni". La ruta es preciosa.

  • Palauparaupoulos 19.05.2015.

    I have followed this trail  View more

    Unha ruta moi recomendable. Os primeiros quilómetros son un pouco complicados, pero despois é moi sinxela.

  • Слика од jesussimon

    jesussimon 19.05.2015.

    A ruta é para facer sen presas, gozando da paisaxe. Moi recomendable coma ti dis, "Palauparaupoulos".

  • Слика од GVzA

    GVzA 30.11.2015.

    Para hacer sin prisas... también hay que abandonar un poco el sendero marcado. El Mirador de la aldea de Castro (por detrás del Camping) al que se accede sin necesidad de cruzarlo (el Camping) tiene también muy buenas vistas.

  • Слика од jesussimon

    jesussimon 01.12.2015.

    Gracias por tu aportación "Aventura40".

  • diegopf0 25.07.2017.

    I have followed this trail  View more

    Se hace necesario llevar botas por los largos tramos sobre piedras. Los ascensos, tanto en una dirección como en otra, tienen una pendiente considerable y hay que llevarlos con calma. Lo mejor del tramo pues 2 cosas, la zona entre Parada de Sil y el camping pasando entre muros por fincas de castaños y carballos antiguos y las vistas desde la zona más alta, entre Portela y Pozo da Ovella. A parte de los miradores claro.

  • Слика од zJavi

    zJavi 03.12.2018.

    I have followed this trail  проверено  View more

    Muy buena ruta, ideal para Otoño

You can or this trail