-
-
925 m
767 m
0
4,5
9,0
18,09 km

Погледана 3032 пут(a), скинута са сервера 27 пут(a)

близу Toro, Galicia (España)

A PISTA DO MARROQUÍ-LAZA
Esta pista debe o seu nome ao construtor madrileño Augusto Marroquín que subcontratou este camiño para dar servizo ás obras da liña de ferrocarril Zamora- a Coruña, entre Prado (Vilar de Barrio) e Toro(Laza).
A Pista do Marroquí está situada nas ladeiras do extremo sur do Macizo Central. Empeza na estación de Prado ( Vilar de Barrio) e continua por Correchouso (Laza) , bordeando o curso do río “Cabras” case que sen desnivel algún , a pesar de transcorrer por unha zona abrupta,ata chegar ao enlace coa localidade de Toro (Laza).
Pola dereita, en dirección Correchouso- Toro observase sempre o precipicio sobre o río “Cabras”, mentres que pola esquerda transcorre a vía férrea con innumerables túneles, que debido a súa construción fixeron “sangrar” ás fontes e deixaron o pobo de Toro que está situado encima da vía férrea , sen auga.
Dende o Alto do Corno( punto que marca o nivel mais alto da depresión producida polo curso do río Cabras) pódese divisar o pobo de Correchouso en toda a súa beleza, como perdido ao fondo do canón da Armada. O pobo de Correchouso, rodeado de fermosos soutos de castiñeiros, ( que escaparon milagrosamente dos incendios do ano 2004 ) conta aínda hoxe con varios “sequeiros” para as castañas. A maioría destes soutos pertencían a xente de Toro e Camba; Na época da construción do ferrocarril albergou a moitos traballadores da vía. De feito en Correchouso existiron sete “ cantinas” e incluso funcionaba aquí un sindicato de traballadores, con sede neste pobo chamado “Sindicato Obreiro” sen embargo o pobo de Correchouso non naceu a causa do ferrocarril, senón que debe o seu asentamento a abondosa producción de castaña. Aínda que durante os anos que duraron as obras a súa poboación aumentou considerablemente.
A pista do Marroquí foi construída neste lugar de dificilísimo acceso, substituíndo deste xeito a outro antigo camiño de menor extensión que bordeaba o monte por debaixo da actual pista do Marroquí.
Esta pista foi empezada moito antes da Guerra Civil pero viuse paralizada pola contenda .
Para realizar a construcción dos túneles tiña a súa disposición dous teleféricos que atravesaban o río “Cabras” con un percorrido de 1 quilómetro. Un estaba situado no enlace coa localidade de Toro e o outro preto de Correchouso, no outro extremo. Grazas a eles podíase trasladar o material necesario para as obras do ferrocarril nunha zona de dificilísimo acceso. Tamén servía para transportar persoas vivas ou mortas, materiais para a obra, animais etc....A zona onde estaban situados os extremos do teleférico aínda hoxe se lle coñece co nome de “O Cable”.
Na construción da vía do ferrocarril dende Zamora a Coruña, que abarcou dende 1929 ata 1957, traballaron milleiros de persoas. Foi un traballo duro e custoso en cartos e vidas humanas, pois aos accidentes propios da obra houbo que engadirlle a enfermidade pulmonar da “Silicose” que sufriron moitos traballadores. Rafael Cid periodista natural de Tamagos (Verín),realizou un documental moi completo e interesante sobre este tema: “Carrilanos, os túneles dun tempo”
A pista do Marroquí é na actualidade unha fermosísima ruta turística, tanto polas súas características paisaxísticas como pola memoria de tempos duros e traballos de xigantes que fixeron posible a apertura cara o resto de España destas terras de lobos , segundo dicía“Eloi Luís André” para evitar que o ferrocarril pasara por Laza defendendo o seu trazado por Verín, Xinzo de Limia e Allariz. Sen embargo, o empeño da empresa MZOV e a morte do enxeñeiro Fernández España nun accidente de tráfico cando estudaba o trazado pola zona de Verín fixo posible que se realizara esta obra que tivo un custo económico moi grande, xa que tendo prevista a súa realización en cinco anos, fixeron falla 28 anos para rematala e sobre todo que aínda que supuxo unha inxección económica para os pobos da bisbarra tamén custou moitas vidas humanas.
Así pois, a Pista do Marroquí representa a lembranza viva dun pasado non moi afastado no que o home, mediu as súas forzas coa natureza. Pero é tamén unha paisaxe única e salvaxe pola súa orografía, fauna e vexetación. No desexo de todos está conservala para que as xeracións vindeiras podan gozar dela e admirar o traballo dos seus devanceiros.
Blog Carmen Rivero Gallego tal como explica.

Waypoint

Boca de Hidrografía

Waypoint

Boca de Hidrografía1

Waypoint

Boca de Hidrografía2

Waypoint

Boca de Hidrografía3

Waypoint

Cueva (Industrial)

Waypoint

Inici

Waypoint

Regato Cerdeira

Waypoint

Regato Do Corno

Waypoint

Regato o Velal

Waypoint

Regreso

Waypoint

Río de Cabras

Waypoint

Río de Correchouso

Waypoint

Toro (San Lourenzo)

Waypoint

Touro

Waypoint

Túnel

Waypoint

Vía férrea

Waypoint

Vía férrea1

Коментари

    You can or this trail