elrei3
7 1 0
  • Слика од Torés

Вријеме  2 сата 16 минуте

Број тачака 819

Uploaded 21.05.2013.

Recorded мај 2013

-
-
977 m
771 m
0
2,0
4,0
8,09 km

Погледана 976 пут(a), скинута са сервера 16 пут(a)

близу Medo, Galicia (España)

DISTANCIA: 8.1 Km
DURACIÓN ESTIMADA: 2 horas 16 minutos, máis paradas
DIFICULTADE: fácil
DESNIVEL:
DESNIVEL POSITIVO: 588 metros
DESNIVEL NEGATIVO: 562 metros
COTA MÁXIAMA E COTA MÍNIMA: Cota máxima (977 metros), cota mínima (771 metros).
PERCORRIDO: O centenario muíño, barrio de Medo, castelo de Torés, igrexa de Torés, escola, Follobal, Reiteixeira, Follobal e Torés.
LUGARES DE INTERESE:
-O antigo muíño de auga
-As ruínas do castelo de Torés coa torre da Homenaxe aínda impoñente, facendo recordar o pasado nobre dos seus donos “Os señores de Torés”.
- A igrexa “San Xoán de Torés”, que ten vinte e nove metros de longo e unha torre de forma cadrada con tres plantas.
-A escola en desuso, pero restaurada
- As covas de Reteixeira, case desapareceron todas as súas entradas.
TIPO DE TERREO: Maiormente asfalto alternándose con camiños e corredoiros de terra que ao chover fórmase barro.
DESCRICIÓN DO PERCORRIDO: A ruta é aberta, có inicio nun muíño de auga e có final nunha fonte. Son 8 Kms por un entorno rural, onde se alternan estradas asfaltadas con corredoiros e camiños de terra. Non se salvan desniveis importantes, agás unha forte subida ao monte Reteixeira, duns 40 graos, situada na metade da ruta. No resto do percorrido os ascensos e descensos son moderados, por iso a ruta se pode considerar fácil.
Completamos a nosa ruta cunha velocidade media duns 3,55 km/h.
Dende o muíño collemos o camiño que vai dar ó castelo e a igrexa, merece a pena deterse a observalos. Despois desta parada, collemos cara a nosa dereita, comezamos un ascenso ata chegar ó alto de Follobal.
Dende aí dirixímonos a unha estrada secundaria e comezamos a descender. Dende a estrada pódese observar unha mesta fraga con castiñeiros e carballos. Decidimos subir ó monte de Reteixeira, onde se atopa a cota máis alta do noso percorrido.
Dende este lugar comezamos a baixar, pola estrada que subín anteriormente, ata chegar a Torés.

Feito por Lino López Soto e Carlos López Juanes


Коментари

    You can or this trail